Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial do proxecto de Urbanización da U.A. 03 Chantada

<br />

venres, 1 dec 2006
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 2 de outubro de 2006 acordou aprobar inicialmente o Proxecto de Urbanización da UA 3 Chantada (Castrelos), promovido pola Xunta de Compensación dese polígono, redactado polos arquitectos A. Davila, E. Filgueira, C. Jiménez, L. Meijide e J. Cordeiro, na súa última versión con memoria e planos visados polo COAG no 31/10/2005 e 12/09/2006 (Expte. 4629/401).

Abrése un trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncios no BOP en un diario dos de maior circulación da provincia.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.