Escoitar

Xornadas de formación do feminismo

O día 1 de decembro ás 20.00 h. terá lugar na Casa das Mulleres de Vigo (r/Romil nº 20) o segundo día das IV Xornadas de formación do feminismo baixo o título 'Recuperando a nossa história'.

xoves, 30 nov 2006
Mulheres Nacionalistas Galegas organiza estas xornadas de formación, en colaboración con a Concellaría da Muller, para tentar achegar a unha perspectiva da história, visibilizando a presenza das mulleres de diferentes ámbitos que ao longo do tempo foron silenciadas, mal interpretadas ou mesmo substituidas por nomes de homens ocultando a sua aportación á sociedade.

Por outra banda, hoxe día 30 ás 19 horas está convocada unha manifestación diante do Marco para pedir unha investigación sobre a morte dunha muller inmigrante o pasado sábado.

A concentración está convocada polos colectivos Alecrin, Area Loura Val Miñor, Secretaria da mulher do STEG, Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, Colectivo Violeta, MNG, Vocalia da muller da Federación de AAVV "Eduardo Chao".