Ampliación das escavacións da vila romana de Toralla
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López Chaves e o vicereitor de Investigación da Universidade de Vigo, Manuel Joaquin Reigosa, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de investigación e musealización da vila romana de Toralla.<br />
O convenio compromete novas actuacións de ampliación da escavación no perfil norte na área da probable salina romana e da actuación de conservación e restauración.
No ano 2002, o Concello de Vigo asina un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo, coa finalidade de desenvolver o proxecto de I+D "Investigación e musealización da vila romana de Toralla".
Por este convenio, a Universidade comprométese a realizar traballos de investigación arqueolóxica e científica do xacemento e entorno, obras de conservación e restauración das ruínas e elaboración dun proxecto museolóxico integral, mentres o Concello comprométese a financiar este proxecto con un total de 306.082,60 euros, durante os anos 2002, 2003 e 2004.
No ano 2003, modifícase este convenio como consecuencia dunha nova campaña de escavación arqueolóxica, que o Concello financia con 56.440,03 euros adicionais ós presupostados no convenio inicial.
No ano 2005, renóvase o convenio coa Universidade, engadíndose 64.734,43 euros no exercicio económico do ano 2006.
Nesta renovación, o Concello comprometeuse a financiar, con 86.103,37 euros no ano 2005 e 64.734,43 euros no ano 2006, actuacións como a intervención arqueolóxica coetánea ás obras de musealización das ruínas, o proxecto museográfico e museolóxico, a investigación de materiais arqueolóxicos do xacemento e a presentación e divulgación dos resultados da investigación.
No ano 2006, no trancurso das obras do proxecto arquitectónico, xurdiron novas necesidades de escavación relacionadas fundamentalmente coa salina romana atopada, polo que o Concello vai ampliar este convenio coa Universidade, sumando 21.368,94 euros á aportación económica inicial para este ano 2006.
Descargar todas as imaxes