O CAT convoca o programa formativo de cestería tradicional
Un ano máis, o CAT convoca o seu programa formativo en cestería, pero esta vez cunha oferta de cursos de máis longa duración, pensados para que as persoas interesadas sexan capaces de dominar con solvencia as máis variadas técnicas da cestería tradicional galega, con especial atención á fabricada en Vigo en torno a rúa Cesteiros.
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, leva desenvolvendo dende a súa creación un ambicioso programa de protección, recuperación, fomento, formación e divulgacion do patrimonio etnográfico galego e especialmente da artesanía e os oficios tradicionais.
Coa nova programación o que se pretende é formar novos artesáns cesteiros cun dobre obxectivo: por un lado, como medida de protección e conservación do oficio a través da transmisión das técnicas que o caracterizan; e por outro, dar ao alumno a suficiente formación para que no futuro poida dedicarse profesionalmente a cestería.
Os cursos van dirixidos a todas aquelas persoas interesadas en achegarse de preto á cestería, así como a cesteiros que estean interesados na mellora da súa técnica.
Todos os cursos impartiranse no Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO e comezarán o 8 de xaneiro de 2007.
As persoas interesadas deberán presentar un boletín de inscrición no CAT, acompañado dun breve curriculo e memoria (no máis dun folio) na que se faga constar os obxectivos do alumno no curso. O prazo de inscrición remata o día 22 de decembro de 2006.
Como as prazas son limitadas, o CAT fará unha previa selección, tendo en conta en primeiro lugar o curriculo e memoria, e en segundo, a orde de entrega do boletín. A lista de alumnos admitidos no programa formativo serán exposta no CAT e na WEB www.vigo.org/artesania o día 27 de decembro de 2006. Os alumnos admitidos deberan formalizar o pago das tasas de matrícula antes do 3 de xaneiro de 2007, presentando resgardo do mesmo no CAT antes do día 8.
Descargar todas as imaxes