Reviravolta polo desenvolvemento como obriga común
O Concello de Vigo e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organizan á Reviravolta Polo Desenvolvemento Como Obriga Común, o día 1 de decembro ás 20:00h na Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Esta actividade se encadra na campaña de sensibilización Voces de Aquí e de Alá Revirando o Milenio, que leva a cabo o Fondo Galego en colaboración coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior. O acto será presentado pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias.
A finalidade da campaña é sensibilizar ao mundo local galego para que asuma cada vez máis a necesidade de manter relacións de solidariedade e cooperación con outras sociedades, especialmente aquelas máis desfavorecidas. A pobreza, a fame, as desigualdades e inxustizas sociais, o desequilibrio medio ambiental, etc., son fenómenos de alcance mundial e, polo tanto, facerlle fronte é responsabilidade de tod@s. O poderes locais, teñen ao seu favor unha maior proximidade a cidadanía que outras institución, o que os converte en actores imprescindibles para a sensibilización da súa poboación e a creación de redes de solidariedade.
O telón de fondo da campaña son os 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, fixados polas Nacións Unidas en setembro do 2000, para alcanzar un desenvolvemento humano razoable co ano 2015 como meta. Os anos van pasando e a evolución non é moi alentadora, por iso, é importante relanzar a súa importancia e esixir o seu imprescindible cumprimento.
Coa Reviravolta Polo Desenvolvemento Como Obriga Común chegamos ao final da campaña, para tratar do último dos Obxectivos do Milenio, o oitavo: "Crear unha alianza mundial polo desenvolvemento". Para expor o tema intervirán Rafael Grasa, experto en cooperación e desenvolvemento, e Xesús Portela, subdirector do Faro de Vigo, que guiará o acto coas súas preguntas, dándolle a entidade dunha entrevista en directo.
Perfil dos relatores
Rafael Grasa
Doutor en Filosofía. Nos anos setenta dedícase á epistemoloxía, á teoría da ciencia e a lóxica matemática, para dedicarse posteriormente á ciencia política e ás relacións internacionais.
Actualmente é profesor titular de Relacións Internacionais na Universidade Autónoma de Barcelona, onde dirixiu ata marzo de 1999 o Centro de Estudos Internacionais e Interculturais. Actualmente coordina o área de estudos sobre desenvolvemento, cooperación e axuda internacional de dito Centro e é membro do Grupo de Estudos Centroamericanos da Universidade.
Ten exercido numerosos cargos de xestión e representación na Universidade, tanto na Facultade como no Rectorado. Dende o 23 de marzo do 2002 é Vicerrector de Relacións Institucionais e Secretario Xeral da UAB, coordinando todas as tarefas do actual Equipo de Goberno.
Na esfera civil, foi Presidente durante tres anos e medio da Federación Catalana de ONGD (de setembro de 1995 a maio de 1999). Foi designado experto independente do Consello Español de Cooperación para o Desenvolvemento no 2001, aínda que posteriormente renunciou ao cargo. É tamén membro do Consello Asesor sobre actividades relacionadas coa paz do Concello de Barcelona e membro do Consello Catalán de Cooperación para o Desenvolvemento.
É asesor e avaliador de numerosas institucións públicas e privadas, e imparte docencia en varios posgraos e programas de investigación.
Jesús Portela González
Diplomado en Ciencias Empresariais, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, Master en Dirección de Márketing (GESCO -ESIC), Certificate Postgraduade Course in "Business U.S." (Univ. Florida), Doutor en Dirección e Xestión de empresas informativas (UCM).
Ao longo da súa actividade profesional ten desempeñado os cargos de xefe de Musicais Radio Vigo, xefe de Programas Radio Vigo, xefe de Programas e Emisións radio Vigo e Director Xeral M80 Radio.
Actualmente é Subdirector do Faro de Vigo.
Descargar todas as imaxes