Escoitar
Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico das rúas Sagunto e Aragón

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de losetas en toda a zona peonil do Calvario, a realizar polas empresas Movexvial e Construcións Crespo, estarán pechadas ao tráfico as rúas Sagunto e Aragón no seu cruzamento coa rúa Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 05 ás 10:00 horas até o luns 11 de decembro de 2006 ás 07:00 horas.

xoves, 30 nov 2006
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Burgos e Palencia.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.