Escoitar

Vigo xa ten o seu propio Monopoly

A cidade de Vigo protagoniza a nova edición do famoso xogo do Monopoly. Biplano, axente para España e Portugal de Monopoly, e Hasbro, empresa distribuidora do mesmo, escolleron esta cidade pola súa calidade como centro neurálxico da modernidada e turismo de Galicia.

xoves, 30 nov 2006
1164896662monopoly.jpg
A presentación do novo Monopoly de Vigo, celebrada no Museo Verbum- Casa das Palabras, contou coa presenza de Julián Barbier, responsable do Proxecto Monopoly de Vigo e de Lucía Molares Pérez, concelleira do Área de Promoción Económica e Desenvolvemento local do Concello de Vigo.

O Concello de Vigo colaborou con Biplano na selección daqueles emprazamentos máis emblemáticos da cidade, así como establecendo a orde das casillas. Desta forma o taboleiro do xogo pretende ser unha foto do mercado inmobiliario local.

A partir de Nadal, ter unha casa na rúa do Príncipe, construír un hotel na praza España ou ser o propietario do porto de Vigo, estará ao alcance de todos os vigueses. É do mesmo xeito que a versión clásica do xogo, o novo Monopoly poderá atoparse nos grandes almacéns e xugueterías de Vigo.

O Monopoly da cidade sumase, así, ás outras versións do xogo que xa existen en España: Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla, Málaga e Zaragoza.

Primeiro Torneo Monopoly Cidade de Vigo

No mesmo Museo Verbum disputouse o Primeiro Mini Torneo Monopoly Cidade de Vigo para dar o pistoletazo de saída á versión local do xogo. Máis de 50 estudantes do Instituto Alexandre Bóveda competiron por ver quen é un auténtico inversor inmobiliario.

Príncipe foi a rúa máis cobizada, pola que se chegou a pagar máis de 400 euros. Houbo quen logrou duplicar a súa fortuna grazas á rúa Gran Vía ou quen perdeu todo o seu capital polo soño dun hotel na Praza de América. O aeroporto de Peinador con todo, foi o prato perfecto para os viaxeiros.

O concursante Vicente Yeffer deu o seu golpe de efecto coa rúa Urzáiz e conseguiu proclamarse campión deste Primeiro Mini Torneo Monopoly Cidade de Vigo con 2860 euros. Como premio, unha cea no Museo Verbum para dúas persoas. E o resto dos participantes: Monopolys para todos.
Descargar todas as imaxes