O Centro de Día Atalaia estará operativo a principios de 2007
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, e o xerente do Consorcio de Servizos Sociais, Lois Pérez Castrillo, visitaron hoxe luns as instalacións do Centro de Día Atalaia, dotado de 40 prazas para maiores e que estará operativo a principios de 2007.
Esta visita enmárcase no encontro que mantiveron Marta Iglesias e Lois Pérez Castrillo hoxe luns para definir a achega que fará o Concello ao Consorcio de Servizos Sociais, constituído pola Xunta de Galicia, despois de asinar a súa adhesión a través dun protocolo o pasado 16 de novembro.
Mediante este acordo, o Concello comprometeuse a achegar catro escolas infantís e seis centros de día, ademais doutros centros relacionados coa Concellaría de Benestar Social. A finalidade do encontro de hoxe luns foi, segundo explicou Marta Iglesias, a de "concretar a situación deses equipamentos", o que constitúe, de acordo coa concelleira, "unha prioridade para este goberno". Neste sentido, Marta Iglesias sinalou a vontade do Concello e do Consorcio para chegar a acordos "no menor tempo posible".
O Centro de Día Atalaia está na avenida Dona Fermina, no barrio de Teis. As súas instalacións contan con 40 prazas para maiores con problemas de mobilidade e inclúen equipamientos especializados non residenciais de contido socio-rehabilitador, que teñen como finalidade conter as perdas funcionais e favorecer o mantemento destas persoas no seu medio habitual. O centro, en réxime de media pensión, prestará atención xeriátrica e rehabilitadora, coidados persoais, asistencia médica preventiva, terapia ocupacional e atención psicosocial a todos os maiores que o precisen.
Descargar todas as imaxes