Escoitar

Novos inquilinos no reptilario de Vigozoo

A fauna do reptilario viuse incrementada nestes últimos meses, xa que ademais do nacemento das cascabeis de Urucoa (Crotalus vegrandis) o pasado mes de setembro, naceron en Vigozoo dous exemplares de Boa arborícora amazónica (Corallus enydris cooki) e tres exemplares de Geco xigante malgache (Phelsuma madagascarienis). Na primeira quincena de novembro tamén naceron catro Tartarugas de Florida (Trachemys scripta).

martes, 5 dec 2006
1165326507geckomalgache2.jpg
Gecko Malgache
Tanto os ovos do geco coma os da tartaruga son retirados cautelosamente polo persoal especializado e son levados á zona de incubación, onde despois dun período de tres meses acabarán eclosionando.

No caso das boas, non é necesario unha incubación, xa que son animais ovovivíparos, polo que o desenvolvemento dos ovos ten lugar no interior do corpo da nai.

Os animais están expostos ao público no edificio do reptilario, na zona de cría e alimentación a partires do 5 de decembro.
1165326507geckomalgache2.jpg
1165326528boa.jpg
1165326559tartarugas.jpg
Descargar todas as imaxes