Santi Domínguez visita as obras de rehabilitación da Casa da Caridade nas que Consorcio e Concello invisten 80.000 euros
O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez, anunciou este luns que esta entidade destinou 80.000 euros, en colaboración coa Concellería de Patrimonio Histórico, a diversas actuacións de rehabilitación da Casa da Caridade. Tras a entrega da resolución do acordo formal da subvención á representante da Fundación Casa da Caridade, o concelleiro explicou que as obras que se están a executar contemplan actuacións nas cubertas para rematar cos problemas de goteiras, así como a remodelación do patio exterior e a rehabilitación de medianeiras.
Santi Domínguez sinalou que o ano pasado o Consorcio colaborou na rehabilitación da fachada e adiantou que "no futuro imos seguir traballando para que esta riqueza patrimonial se siga mantendo". O tenente de alcalde salientou que este é un "edificio emblemático do Casco Vello que dende hai anos presta axuda humanitaria no comedor da Casa da Caridade".
Tras a visita, na que tamén participaron o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o xerente do Consorcio, Alfonso Ramos e a nai superiora da Casa da Caridade, Asunción García, Santi Domínguez incidiu no labor social que se leva a cabo nestas instalacións dende hai anos, e ao respecto destacou a importancia de que este traballo "se desenvolva nas mellores condicións".
Pola súa banda, a representante da Fundación Casa da Caridade agradeceu tanto ao Consorcio do Casco Vello como ao Concello de Vigo a achega concedida. Destacou que nestas instalacións se desenvolven dúas actividades importantes, como son o comedor, que diariamente atende a 140 transeúntes, o e fogar para nenos. "Agradecemos a axuda prestada porque hai grandes necesidades", subliñou.
Descargar todas as imaxes