O Concello e o Celta rubricaron o convenio que garante a viabilidade económica da entidade
O alcalde, o tenente de alcalde e o Presidente do R.C. Celta de Vigo asinaron este venres o convenio que permitirá á entidade saír do proceso concursal no que está inmerso. Abel Caballero, Santiago Domínguez e Carlos Mouriño prolongaron o acordo bilateral e acordaron que o Celta deixará Barreiro cando o Concello poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa.
O Concello e o R.C. Celta de Vigo rubricaron hoxe venres o convenio que garante a viabilidade económica da entidade celeste, inmersa no proceso concursal de acreedores. O alcalde, o tenente de alcalde e o Presidente do Club ratificaron así o protocolo acordado entre as partes fai tres semanas, que foi aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local.
O convenio, tal e como se indicaba no protocolo, non varía do vixente na actualidade, a fin de non modificar os activos cos que conta a entidade na actualidade e viabilizar o proceso concursal. A maiores, hoxe venres se asinou outro convenio independente polo que o Celta deixará as instalacións de Barreiro cando o Concello, a través da Concellería de Deportes, poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa, que se construirá en pouco máis dun ano. Será entón cando o Celta pase a ocupar a nova infraestrutura e Barreiro será empregado por outras entidades deportivas da cidade.
Por outra banda, a sociedade celeste disputará un partido amistoso a prol do fútbol base cada tempada que dispute na segunda división, que se convertirán en dous encontros por curso na máxima categoría futbolística. Ademais, e atendendo ao protocolo asinado tres semanas atrás, R.C. Celta paga os gastos de mantemento, luz e auga das instalacións deportivas municipais das que fai uso.
Tanto o alcalde como o tenente de alcalde e o presidente do Real Clube Celta amosaron a súa satisfacción polo acordo acadado. O alcalde, Abel Caballero, salientou que o convenio cumpre cos requisitos propostos pola Alcaldía para a súa sinatura, é dicir, a inxección de capital ao Clube polos propietarios e acadar un acordo co seu principal acreedor, Caixanova.
O rexedor vigués asegurou que este acordo "garante a viabilidade económica do Celta" e, co mesmo, "está a quedar clara a vontade desta cidade de cooperar co Celta". Abel Caballero aninou ao Clube a voltar á Primeira División, para o que "como alcalde, estou a facer todos os esforzos para darlle a capacidade ao Celta para que ascenda e para que sexa a clube de primeira que esta cidade sempre tuvo e necesita ter".
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou que se cumpre o dobre obxectivo de "axudar a salvar ao Celta para saíar da difícil situación na que se atopa", pero ao mesmo tempo se consigue tamén que ese apoio redunde en contrapartidas para a cidade.
O nacionalista lembrou que o Celta vai xogar un partido (se está en Segunda) e dous (cando ascenda a Primeira) a beneficio do fútbol base da cidade e, nun prazo de ano e medio, cando se constrúa un novo campo na Madroa, o Celta deixará de utilizar o de Barreiro. Santi Domínguez anunciou que ese campo será reformado para mellorar as súas instalacións e pasará a ser empregado polos equipos da zona.
Descargar todas as imaxes