A Escola Municipal de Artes e Oficios organiza ciclo "Arte e Cine", dirixido á formación complementaria do seu alumnado
Dentro da programación de actividadeculturais complementarias dirixidas a ao alumnado actual e antigo da Escola Municipal de Artes e Oficios, organizado pola sección de Artes Plásticas, iníciase o vindeiro xoves 26 de febreiro, no Salón de Actos da Escola un ciclo monográfico de cine e arte.
O ciclo de películas Arte e Cine xorde da necesidade da difusión de diversos artistas, algúns moi coñecidos polo público e outros en menor medida, artistas moi interesantes debido á súa gran achega ao mundo da arte.
Nestes tempos de crise é adecuado fomentar as artes plásticas en unión co cinema, xa que son dous medios de expresión artística en contacto permanente e que conectados axudarían a unha maior difusión da cultura visual.
Cada sesión contará cunha presentación a cargo profesora de Pintura, do/a artista ao que está adicado/a, coa proxección de diversas fotografías da súa obra e unha introdución teórica. Tras a proxección da película terá lugar un coloquio.
As películas do ciclo, todas ás 18 horas, serán as seguintes:
-Febreiro, xoves 26: A moza da pérola
-Marzo, xoves 26: Frida
-Abril, xoves 16: Klimt
-Maio, xoves 14: Caravaggio
-Xuño, xoves 11: Pollock
FICHA TÉCNICA DAS PELÍCULAS
A moza da pérola. 2004.
Dirección: Peter Webber
Reparto: Colin Frith, Scarlett Johansson, Tom Wilkinson, Judit Parfitt, Essie Davis, Cillian Murphy,
Joanna Scaanlan, alakina Mann, Chris McHallem, Gabrielle Reidy, Anna Popplewell
Sinopse: A moza Griet entra a formar parte do servizo do pintor Vermeer. Este, consciente das calidades da rapaza, vai introducíndoa pouco a pouco no mundo da pintura. Expóñense as relacións entre o artista e os comitentes, así como a influencia mutua que se dá entre o artista e a rapaza.
Temática da sesión didáctica: Presentación en Power Point da obra do artista Vermeer de Delft. Entrega de ficha coa biografía e datos da obra do artista. Proxección da película. Debate sobre a película e sobre a veracidade dos feitos descritos nela.
Frida.2002.
Dirección:Julie Taymor
Reparto: Salma Hayek, Alfred Molina, Geoffrery Rush, Ashley Judd, Antonio Banderas, Edward Norton, Mía Maestro.
Sinopse: Conta a vida de Frida Kalho, vida que comparte de xeito aberto e sen temor con Diego
Rivera, ao tempo que esta controvertida parella impacta ao mundo da arte. Ao mesmo tempo,
transmítenos a tráxica vida da artista e a súa relación traumática coa dor e a enfermidade.
Temática da sesión didáctica: Presentación en Power Point da obra da artista. Entrega de ficha
coa biografía e datos da súa obra. Proxección da película. Debate sobre a película e sobre a veracidade dos feitos descritos nela.
[bKlimt.2006.
Dirección:Raoul Ruíz
Reparto:Jhon Malkovich, Stephen Dillane, Veronica Ferres,Saffron Burrows, Sandra Ceccarelli, Nikolai Kinski.
Sinopse: Co transfondo histórico do fin do século XIX e a chegada do XX a Viena, a historia iniciase en 1918, co pintor modernista Gustav Klimt postrado no seu leito mortal,mentres o seu discípulo retrátao e o pintor lembra diferentes momentos da súa vida: o seu amor pola bailarina e actriz francesa Cléo de Mérode, e a súa amizade con outros ilustres vieneses da época como o arquitecto Adolf Loos e o filósofo Ludwig Wittgenstein.
Temática da sesión didáctica: Presentación en Power Point da obra do artista. Entrega de ficha
coa biografía e datos da súa obra. Proxección da película. Debate sobre a película
e sobre a veracidade dos feitos descritos nela.
Caravaggio.1985.
Dirección:Derek Jarman
Reparto: Nigel Terry, Sean Bean, Dexter Fletcher, Spencer Leigh, Tilda Swinton, Michael Gough
Sinopse: O pintor Michelangelo Merisi, nado en Caravaggio, está a morrer lonxe do seu fogar, mentres lembra os seus comezos como pintor.O neno Michelangelo deixou o seu Caravaggio
natal ao quedar orfo, e trasládase a Milán, onde se inicia como pintor en diferentes obradoiros,
ata que establece un obradoiro propio, na Roma dos Papas, gañando o favor da Igrexa, que lle
encarga numerosas obras. Chegan entón a fama, o diñeiro, os seus amores homosexuais, as intrigas políticas e relixiosas, a envexa e o crime.

coa biografía e datos da súa obra. Proxección da película. Debate sobre a película e sobre a
veracidade dos feitos descritos nela.
Pollock.2000.
Dirección:Ed Harris
Reparto: Ed Harris, Marcia Gay Harden, Amy Madigan, Val Kilmer, Jennifer Connelly, Tom Bower, Bud Cort, John Heard.
Sinopse: Conta a vida do pintor Jackson Pollock, desde que coñece á que sería a súa muller
-a tamén pintora, Lee Krasner- ata o accidente que lle custou a vida. A historia descóbrenos a
relación entre os dous artistas e o proceso creativo de Pollock, o que conleva unha xeira de
problemas debido á súa adicción á bebida, que provoca no artista distintos estados de ánimo e
excéntricas actuacións. Así mesmo, reflicte o ambiente no mundo da arte e a loita do artista
por achar un lugar nese mundo e as súas investigacións na praxe da pintura.

Descargar todas as imaxes