Vigo celebra cunha conferencia o Día Mundial das Enfermides Raras
O Verbum acolle o sábado día 28 unha charla-coloquio con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. A charla aberta a toda a cidadanía, e organizada por ASEM Galicia, terá lugar de 17 a 19.30 horas, e pretende responder ás preguntas realizadas por afectados, familiares e profesionais.
A charla coloquio contará coa participación da Carmen Navarro, membro do Grupo de Enfermedades Raras do Ministerio de Sanidade , así como doutros expertos.
A díficil realidade que ameaza día tras día aos afectados por Enfermidades Raras levou aos países de Europa, Canadá, EE.UU. e Latinoamérica a unirse nun chamamento mundial polas patoloxías pouco frecuentes. Desta forma, todos os países adheridos a este DÍA organizan actos e actividades baixo un mesmo lema: "As ER, prioridade na Saúde Pública".
Conferencia, acto públicos, actividades lúdicas, congresos, obradoiros etc...coparán durante todo o mes de febreiro as rúas dos distintos países con único obxectivo : sacar da invisibilidade a ese 7 por cento da poboación mundial que sufre unha enfermidade poco frecuente e que se sente desamparado, illado e desgrotexido ante a súa situación.