luns, 24 feb 2025
A Xunta de Goberno dedica 447.636 euros para a contratación dos servizos de portería, control de acceso e información ao público dos centros municipais de distrito para os próximos dous anos.
luns, 24 feb 2025
A escritora e catedrática de Educación recibirá o recoñecemento da XIII edición do Premio de Igualdade Ernestina Otero no transcurso dun acto que se celebra o 14 de marzo na cidade.
luns, 24 feb 2025
O Pleno Ordinario do mes de febreiro acolleu este luns o acto de formalización do seu nomeamento coa promesa de fidelidade no desenvolvemento do cargo: “Prometo desempeñar fielmente as miñas funcións como Valedora da Cidadanía de Vigo”, dixo Lola Galovart, que inicia unha nova etapa na entidade logo da renuncia de Luis Espada, que estivo 22 anos exercendo esta responsabilidade ao servizo da cidade.
luns, 24 feb 2025
A Corporación aprobou hoxe, cos votos a favor dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG, e a negativa dos edís do PP, a moción defendida pola terceira tenente de alcalde Elena Espinosa que proclama a “tolerancia cero” do Concello de Vigo fronte á violencia, tanto física como verbal, que padece o persoal sanitario e que demanda á Xunta aumentar a dotación de medios para evitar as potenciais agresións.
luns, 24 feb 2025
O Pleno Ordinario do mes de febreiro aprobou, co voto favorable do BNG e o non do PP, a moción socialista que esixe máis prazas de titularidade autonómica na cidade e a bonificación do 100% da atención educativa nas escolas infantís municipais.
luns, 24 feb 2025
O Pleno municipal acordou hoxe, cos votos a favor do grupo municipal socialista e a negativa dos edís do PP e do BNG, instar á Xunta a aumentar a súa implicación na conservación, mellora e posta en valor dos recursos ambientais de Vigo, co investimento de 5 millóns en Vigonature e na restauración dos bosques periurbanos.
luns, 24 feb 2025
O alcalde acudiu ao evento de presentación da comunidade profesional Woman in Retail en Galicia, unha agrupación de 300 mulleres líderes na industria retail en máis de 17 sectores. Caballero celebrou o seu labor nas cidades: "Quero un modelo de cidade no que o retail ocupe o seu espazo", expresou nas xornadas ante un centenar de persoas no salón do Real Club Náutico. O rexedor felicitou á organización e agradeceu a súa forma de facer economía con moita calidade.
luns, 24 feb 2025
As persoas interesadas en facerse cun equipo de reciclaxe de residuos para o seu domicilio poden solicitalo a través da web www.vigocidademaislimpa.com, onde atoparán información sobre os puntos de entrega a pé de rúa. Os kits, compostos por un cubo e bolsas biodegradables, están sendo utilizados xa por 30.000 viguesas e vigueses para depositar os restos orgánicos, que logo se levan ao contedor marrón, que se abre necesariamente coa PassVigo. Os técnicos en divulgación ambiental realizaron xa 209 accións informativas na rúa e en centros educativos.
luns, 24 feb 2025
O Pleno Municipal celebrado este luns recolleu as reivindicacións da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas.
luns, 24 feb 2025
O alcalde visitou este luns as instalacións do centro educativo para participar nos actos de conmemoración do Día de Rosalía con lectura de cantigas, poemas e actuacións musicais. Na celebración participaron 350 estudantes de varios centros educativos vigueses, amais do Colexio Amor de Dios, tamén asistiu alumnado de Salesianos, Don Bosco, Compañía de María e Miralba.