O alcalde súmase á celebración do Día de Rosalía no Colexio Amor de Dios
O alcalde visitou este luns as instalacións do centro educativo para participar nos actos de conmemoración do Día de Rosalía con lectura de cantigas, poemas e actuacións musicais. Na celebración participaron 350 estudantes de varios centros educativos vigueses, amais do Colexio Amor de Dios, tamén asistiu alumnado de Salesianos, Don Bosco, Compañía de María e Miralba.


