A Casa Galega da Cultura acolle ata abril a mostra fotográfica "O estandarte dos vencidos" de Telmo Meana
Abel Caballero inaugurou hoxe a exposición fotográfica de Telmo Meana "O estandarte dos vencidos", que permanecerá aberta na Casa Galega da Cultura ata o 27 de abril .

O alcalde destacou, ante a primeira tenente de alcaldía e o concelleiro de Cultura, o cumprimento do obxectivo do Plan Estratéxico dos Museos Municipais de acoller exposicións coas obras dos novos valores como a de Telmo Meana na Casa Galega da Cultura.
Caballero remarcou o valor das imaxes da mostra "O Estandarte dos Vencidos", que se expoñen ata abril, "na mellor sala" dun edificio que acolleu ao antigo Concello. "É unha lección chea de pedagoxía, de poñerse en todos os escenarios, na situación de cada un dos actores", afirmou.