O Concello outorgará 50 becas para estadías lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas
O goberno municipal aprobará na Xunta de Goberno de mañá as bases e a convocatoria das becas para as estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas. O alcalde explicou este xoves que o importe do programa é de 88.250 euros.

Abel Caballero indicou hoxe que o Concello concederá este ano 50 bolsas para que o alumnado da Escola Oficial de Idiomas mellore os seus coñecementos e competencias en idiomas extranxeiros con estadías en sete países. As bolsas contarán cunha asignación media de entre 1.700 e 2.200 euros.
Das 50 axudas, 20 serán para o aprendizaxe no Reino Unido; 6 para Francia: 5 para Alemaña; 8 para Italia; 3 para Portugal; 6 para Xapón e 2 para China. O alcalde lembrou que o Concello subvenciona a estancia durante dúas semanas, así como os desprazamentos e a matrícula dos cursos, entre outros gastos.
Caballero lembrou que a estas axudas súmanse as 1.100 bolsas do programa “Vigo en inglés” para nenos de cuarto de Educación Secundaria, que se volverán a repetir este ano. “Seguimos tratando que cada vez se falen máis idiomas na cidade”, apuntou ao alcalde.