Escoitar

O goberno local aproba as bases para favorecer a contratación

O programa municipal apoia a empresas e persoas traballadoras empadroadas no Concello de Vigo co fin de mellorar a súa situación laboral. As axudas outorgaranse en concorrencia competitiva cun importe de 242.000 euros.

xoves, 20 feb 2025

Caballero avanzou que a Xunta de Goberno aprobará as bases para as axudas á contratación do ano 2025. O importe é de 242.000 euros. Segundo explicou o rexedor, concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

“Son un apoio para as empresas, as persoas empadroadas no Concello de Vigo e favorecer así a súa inserción laboral e darlles estabilidade no emprego. Prestamos especial atención aos colectivos vulnerables”, afirmou.

A estas axudas para a contratación poden concorrer persoas físicas e empresas privadas, comunidades de bens, sociedades cooperativas e persoas emprendedoras. Unha das opcións é optar ao programa de indefinidos, para a transformación de contratos temporais. Outra para a contratación indefinida de persoas desempregas, e unha terceira para a mellora da estabilidade laboral co incremento da xornada ou cambiar o contrato de fixo descontinuo a un indefinido a xornada completa.

Descargar todas as imaxes