O goberno local contrata os servizos de atención dos centros municipais de distrito
A Xunta de Goberno dedica 447.636 euros para a contratación dos servizos de portería, control de acceso e información ao público dos centros municipais de distrito para os próximos dous anos.

Os centros municipais de distrito de Vigo seguirán a contar cos servizos de portería, control de acceso e información al público dos centros municipais de distrito os próximos dous anos. A Xunta de Goberno deu luz verde a este contrato para atender á cidadanía nestas oficinas situadas en diferentes barrios e parroquias de Vigo.
Vigo conta a día de hoxe con cinco centros municipais de distrito: Casco Vello, Bouzas, Coruxo, Teis, Saiáns e A Miñoca.
Convenio entre Vitrasa e a Fundación VIDE
Vitrasa e a Fundación VIDE asinaron un convenio para impulsar proxectos que fomentan a práctica deportiva, os hábitos saudables e os valores da igualdade e compañerismo entre a mocidade viguesa. Así, a empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo súmase á promoción do deporte co seu apoio ao desenvolvemento de 13 programas promovidos pola Fundación.
O Concello de Vigo financia á Fundación VIDE con 125.000 euros. Máis de 23.900 deportistas participaron en 2024 nos distintos programas.