Escoitar

Aurora Marco, premio Ernestina Otero 2025

A escritora e catedrática de Educación recibirá o recoñecemento da XIII edición do Premio de Igualdade Ernestina Otero no transcurso dun acto que se celebra o 14 de marzo na cidade.

luns, 24 feb 2025
Foto de arquivo de Aurora Marco
Foto de arquivo de Aurora Marco

O Concello e o Consello da Muller distinguen este ano co XIII Premio de Igualdade Ernestina Otero a Aurora Marco, escritora, doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática na Facultade de Ciencias da Educación, amais de reivindicadora dos dereitos das mulleres desde que nos anos 80 iniciou as súas investigacións de xénero. O primeiro traballo que se fixo sobre mulleres galegas leva a súa sinatura e data de 1984.

Nacida en Noguera de Albarracín, Teruel, nos últimos 30 anos Aurora Marco especializouse na recuperación da memoria das mulleres galegas e, de forma especial, das represaliadas: “As precursoras”, “Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras”, “Dicionario de mulleres galegas”, “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, “Mª Teresa Alvajar”, “Memorias dunha republicana”, “Elas” e “Irmandiñas” son algúns dos títulos que ten publicados.

Amais, entre a súa abundante produción literaria destacan as biografías de Carvalho Calero, Avilés de Taramancos, Ramiro Paz Carbajal, Áurea Lorenzo Abeijón, María Vinyals. O seu traballo como ensaísta foi premiado cos varios galardóns: Tomás Barros, Ánxel Fole, Luís Tilve, Mulleres en Acción e Galiza Mártir.

 

Descargar todas as imaxes