martes, 25 feb 2025
Abel Caballero deu conta esta mañá dos datos do INE que confirman niveis de turismo “insuperables” durante o pasado mes de xaneiro. Trátase do mellor dato da historia, superando en máis dun 20% a cifra rexistrada en 2024.
martes, 25 feb 2025
O alcalde anunciou hoxe que a gala de entrega dos galardóns aos Vigueses Distinguidos de 2025 terá lugar o día 26 de marzo.
martes, 25 feb 2025
O alcalde envía unha carta ao presidente da Xunta de Galicia solicitándolle que traslade á Federación de Fútbol a petición de publicidade das valoracións das sedes candidatas. “Confío en que sexa imparcial e defenda, tamén, a sede de Vigo”.
martes, 25 feb 2025
O alcalde reuniuse este luns co novo almirante do Arsenal de Ferrol, Gonzalo Villar Rodríguez. O militar explicou a Abel Caballero os proxectos institucionais que a Armada ten previsto desenvolver en Vigo.
martes, 25 feb 2025
Abel Caballero foi o hoxe o anfitrión dun grupo de estudantes de CEBEM que se achegaron ao Concello para coñecer o seu funcionamento interno. O alumnado percorreu distintas dependencias municipais recibindo explicacións sobre os distintos departamentos.