A gala de Vigueses Distinguidos celebrarase o mércores 26 de marzo no Teatro García Barbón
O alcalde anunciou hoxe que a gala de entrega dos galardóns aos Vigueses Distinguidos de 2025 terá lugar o día 26 de marzo.

Abel Caballero explicou que o acto central da Festa da Reconquista permitirá, unha vez máis, "render tributo, co nomeamento de vigueses e viguesas distinguidos, a mulleres e homes que traballaron en favor desta cidade”, afirmou.
O alcalde recalcou a importancia da celebración da Reconquista, do orgullo de recuperar a liberdade "celebrarémolo con toda a cidade”. O rexedor lembrou que a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, ARVI, recibirá este ano a Medalla de Ouro da cidade.
O acto de entrega dos galardóns será o mércores 26 de marzo ás 20,00h no Teatro García Barbón.