martes, 13 out 2015
A Xerencia de Urbanismo dará luz verde este xoves á contratación da redacción do proxecto de urbanización da marxe dereita da Avenida de Europa, dende o cruce de Tomás Paredes ata a Avenida de Samil, que terá un custo de 125.000 euros. Para o alcalde a urbanización desa vía "será un dos grandes desenvolvementos de Vigo", que está incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal e que figura nos orzamentos para o ano 2016, cando se iniciará o proceso de expropiación que se vai negociar cos propietarios dos terreos.
xoves, 8 out 2015
Abel Caballero explicou esta mañá que o plan parcial de Cabo Estai Norte contempla a construción de 709 vivendas, das que o 60% son de protección. Na Xerencia de Urbanismo tamén se aprobou a licenza para que o antigo colexio Cluny se convirta nunha residencia de anciáns.
xoves, 17 set 2015
O goberno de Vigo iniciou este xoves a tramitación para habilitar 500 prazas de estacionamento de balde nunha parcela anexa ao novo hospital, cun investimento municipal de case 500.000 euros. Así anuncióuno o alcalde, ante a "cerrazon absoluta" da Xunta de Galicia de facer gratuito o do propio centro e por considerar "moi importante que os usuarios teñan aparcamento gratis". Caballero solicitou novamente a Núñez Feijóo que elimine o pago no propio estacionamento do Álvaro Cunqueiro.
xoves, 17 set 2015
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este xoves á autorización de gasto para a contratación do servizo da oficina de rehabilitación de vivenda, cun importe de case medio millón de euros. O obxectivo é seguir co Plan de Rehabilitación co arranxo de 136 vivendas en diferentes zonas da cidade. Ademais, a Xunta de Goberno Local realizou a proposta de adxudicación de 7.000 euros de axudas para as actividades xuvenís.
martes, 15 set 2015
Caballero explicou que o novo xerente é un home que "forma parte dos expertos de urbanismo en toda España", un "gran profesional", licenciado en Dereito, que ocupou diversas responsabilidades no sector, entre as que salientou o seu papel como membro da comisión de expertos de Castela e León para a redacción do Regulamento de Urbanismo.
xoves, 30 xul 2015
O alcalde reiterou hoxe xoves que o Concello cederá en setembro preto de 5.000 m2 á Xunta de Galicia para construir a Cidade da Xustiza. Dentro do proceso para facerse cos terreos, a Xerencia de Urbanismo aprobou esta mañá a adxudicación dunha vivenda en Navia a unha familia expropiada que poderá vivir nela durante 10 anos.