mércores, 4 feb 2004
A Xerencia de Urbanismo reunirase o xoves, día 5, ás 10 horas cun orde do día de 19 asuntos, entre os que figura o debate sobre a urbanización da superficie do aparcamento da rúa Urzaiz.
mércores, 28 xan 2004
A Xerencia de Urbanismo tratará na xuntanza que se celebra o xoves, día 28 ás 10 horas, sobre o convenio de colaboración entre o Concello e Renfe para a construcción da nova estación de ferrocarril de Vigo, reordenación da praza da Estación e ordenación do seu ámbito.
mércores, 21 xan 2004
A reunión do Consello celebrase o xoves, día 22 a partir das dez de mañá. Na orde do día figuran 9 asuntos entre os que destaca a aprobación inicial do Plan Especial de protección e reforma interior do Casco Vello de Vigo.
mércores, 14 xan 2004
O Consello reunese o xoves, día 15, a partir das dez da mañá e tratará oito asuntos na orde do día entre o que destaca a modificación do convenio de permuta para a adquisición de parcelas dotacionais na rúa Muíños a cambio de aproveitamentos municipais.
venres, 9 xan 2004
Os integrantes do Consello Municipal da Xerencia de Urbanismo coñeceron hoxe de qué xeito a entrada en vigor da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local afecta a este organismo. Os membros da Xerencia acordaron solicitar un informe xurídico e a opinión doutros organismos, coma a FEMP, acerca destas modificacións legais.
mércores, 7 xan 2004
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 08 de xaneiro de 2004, ás 9,30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, para trata-los asuntos da referida relación.
luns, 22 dec 2003
O Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe aprobou o programa de medidas urxentes para a axilización da tramitación de expedientes na Xerencia Municipal de Urbanismo, un plan que ten por obxectivo que, nun prazo de 6 meses, os expedientes estén ó día e, a partires dese momento se poidan cumprir os prazos legais, é dicir, que as licencias se concedan nun prazo non superior ós tres meses.
venres, 19 dec 2003
A Xerencia de Urbanismo celebra o luns, 22 de decembro, ás 11:30 horas, unha sesión extraordinaria na que se tratará o calendario e a metodoloxía a seguir para a aprobación do PXOM e se abordará a posta en marcha dunha comisión de seguimento do plan.
xoves, 18 dec 2003
O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Jose Manuel Figueroa, informou ós representantes dos distintos grupos políticos da convocatoria dunha reunión extraordinaria da Xerencia de Urbanismo o vindeiro luns, 22 de decembro, ás 11:30 horas, na que se tratará o calendario e a metodoloxía a seguir para a aprobación do PXOM e se abordará a posta en marcha dunha comisión de seguimento do plan, integrada polo Concello, a Xunta, Zona Franca, a Autoridade Portuaria e o Ministerio de Fomento. Así o anunciou a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, trala celebración do Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe.