xoves, 30 out 2008
A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento este xoves da licencia municipal concedida para o apuntalamento e retirada dos residuous restantes da nave calcinada de O Gorxal. Previa autorización da xuíza, o vindeiro sábado 1 de novembro, os propietarios poderán iniciar os traballos, que se alongarán uns 40 días, segundo explicou o alcalde.
xoves, 16 out 2008
A Xerencia de Urbanismo comunicou o inicio do planeamento e xestión do ámbito Eixo Avenida de Castelao-Avenida de Europa, que implica que en dous anos e medio, estimou o alcalde este xoves, poida estar prolongado ata Samil o parque verde de Castelao. Abel Caballero definiu esta actuación como algo que "Vigo estaba agardando desde fai décadas".
venres, 26 set 2008
Abel Caballero e José Mariño deron conta este venres do inicio simultáneo da "construción e desenvolvemento de 41 ámbitos da cidade", dos que 33 son para vivenda e 8 de usos industriais, comerciais e dotacionais, explicou o alcalde. Segundo indicou, se edificarán 12.044 vivendas libres e 11.620 protexidas, das que as primeiras poderán dispoñibles "entre dous ou tres anos", estimou o rexedor.
xoves, 11 set 2008
O alcalde, Abel Caballero, explicou hoxe xoves o acordo co promotor, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), polo que a entidade, ademáis de erixir a súa nova sede, se compromete a urbanizar o terreo delimitado polas rúas Doutor Cadaval, Perú, Lugo e Príncipe; mentres que o Concello se encargará da remodelación das tres primeiras rúas e da subida desde Príncipe. <br />