mércores, 14 out 2020
Debido á crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19, o Concello de Vigo prorroga o contrato para xestionar o programa “Vigo en Inglés” e o alcalde avanza que se traballa coa previsión de poder desenvolver a iniciativa de inmersión lingüística como opción preferente entre a 2ª quincena de xuño e a 1ª de xullo de 2021.
venres, 9 out 2020
Abel Caballero achegouse este venres ao acto de inicio do curso académico 2020-2021 de Radio Ecca en Galicia, celebrado na sede da Deputación en Vigo, onde felicitou á entidade polo traballo desenvolvido e pola metodoloxía empregada na formación a distancia. Destacou o alcalde o seu labor como “pioneira no uso da radio e das novas tecnoloxías para a formación”, un ámbito “tan importante nestes tempos” nos que a formación e o coñecemento son relevantes.
venres, 9 out 2020
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación da contratación dos servizos de xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola Municipal de Música de Vigo, da E-Trad e da Escola Municipal de Danza.
martes, 6 out 2020
O alcalde esixe ao goberno autonómico que faga o instituto "de forma urxente" amosando a disposición do Concello a poñer o solo para desenvolvelo e lémbralle que debe deseñar a entrada e saída de Navia, unha zona incomunicada co resto de Vigo.
venres, 2 out 2020
O goberno de Vigo acordou este venres interpoñer un recurso contencioso-administrativo contra a resolución de 29 de xullo de 2020 do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se obriga ao Concello a abonarlle máis de 100.000 euros polas escolas infantís que xestiona o ente autonómico en Valadares e rúa Palencia.
martes, 29 set 2020
O alcalde avanzou esta mañá que o Concello está a punto de outorgar as bolsas de comedor e libros para este curso escolar, unha vez tramitadas as 5.562 solicitudes recibidas. Como vén sendo habitual, non quedará ningún estudante que cumpra os criterios sen achega, dado que non hai límite orzamentario nesta partida.
luns, 28 set 2020
O curso escolar nas escolas municipais de música, teatro, danza e música tradicional comezará o próximo xoves 1 de outubro cun máximo de 20 alumnos por clase. Non se programarán actividades grupais, haberá entradas e saídas diferenciadas e se desinfectarán os instrumentos despois de cada uso.
venres, 25 set 2020
Abel Caballero achegouse esta mañá ao CUVI para participar na apertura do curso universitario en Galicia 2020-2021, que este ano se organiza no campus vigués. Antes do acto, lembrou que tivo o “privilexio” de pronunciar a lección inaugural da Universidade de Vigo.
luns, 21 set 2020
Segundo informou en rolda de prensa, a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo “segue esperando noticias” do goberno autonómico sobre os protocolos de actuación e medidas de apoio nos comedores escolares da cidade.
venres, 11 set 2020
O Concello presta apoio aos centros escolares no regreso ás aulas con axentes da Policía Local que controlan o tráfico e tamén está a dispoñer espazos nas zonas de recreo que permitan garantir a distancia de seguridade entre o alumnado.