martes, 21 set 2021
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou a aposta de Manuel Álvarez, "Noli", e de Fernando del Barrio para que Vigo reciba un torneo internacional júnior de tenis do 10 ao 16 do vindeiro outubro no complexo deportivo municipal de Samil.
martes, 14 set 2021
Regresa o remo de mar á ría de Vigo logo das experiencias de 2018 e 2019, de novo co patrocinio do Concello de Vigo e tamén do apoio da Deputación.
mércores, 8 set 2021
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu na mañá deste mércores aos deportistas paralímpicos vigueses no Concello, aos que aplaudiu, tanto ao abrir o acto como ao pechalo, polos seus resultados nos Xogos de Toquio.
venres, 3 set 2021
O circuíto municipal vigués será a sede da penúltima cita, a celebrar entre o 10 e o 12 de setembro e presentada este venres por Abel Caballero xunto a Alberto Alonso, delegado en Galicia de AECAR, Cristian Villar, presidente da Asociación Cavi, e Pablo Louro, de Gadis. Máis de medio centenar de pilotos xa están inscritos.
venres, 3 set 2021
Abel Caballero avanzou esta mañá o interese municipal por retomar o Programa Municipal de Escolas Deportivas en outubro tal e como estaba previsto. Con ese obxectivo, insta á Xunta a adaptar a normativa covid a actual situación epidemiolóxica de forma que se permita a actividade deportiva non federada.
martes, 31 ago 2021
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron o terreo de xogo, que conta agora cun céspede de herba artificial de última xeración e novos e eficientes sistemas de iluminación e produción de auga quente sanitaria. O alcalde adiantou que nunha fase seguinte se acometerá tamén a reforma da bancada e dos vestiarios.
luns, 30 ago 2021
Abel Caballero louvou a unha “muller exemplar, de valores humanos, deportivos e persoais extraordinarios”, que vén de quedar campioa nos Xogos Paralímpicos con Celso Comesaña como guía. O rexedor tamén felicitou a Martín de la Puente “e a todos os paralímpicos que, desde Vigo, gañen ou non, están participando, polo mérito do seu esforzo, polo que significa o seu esforzo e o seu tesón”.
luns, 23 ago 2021
Despois dun ano ausente, o Memorial Quino Salvo regresa o vindeiro día 4 de setembro (sábado, 20:00 horas, Pavillón Central das Travesas) con limitación de entrada, protocolo Covid-19 e un partido espectacular entre o Leche Río Breogán e o Valencia Basket.
martes, 17 ago 2021
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou que as pistas de superficie dura do complexo deportivo municipal de Samil "convértennos nun lugar sinalado a nivel nacional" e nun excelente reclamo para as raquetas de todo o mundo que queren xogar en pista dura "ao ter o levante a hexemonía na terra batida".
xoves, 12 ago 2021
O alcalde e a presidenta provincial achegáronse este xoves ao estadio de Balaídos para comprobar o resultado dos cambios nos asentos da bancada de Río Baixo e da lona emprazada no fondo, diante das obras de Marcador, onde ambas institucións adican 15,5 millóns para construír unha nova bancada.