O alcalde participou esta mañá na inauguración do evento "Deporte e ODS"
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, achegouse hoxe ao auditorio Mar de Vigo onde se celebra a xornada "A importancia do Deporte para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030" que organiza a Deputación de Pontevedra xunto a Federación de Municipios e Provincias. Acompañado do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor sinalou que "vertebramos o país dende a política local e co deporte como elemento catalizador, como guía de actuación e como instrumento para afianzar a igualdade".