A FEMP e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños asinan un convenio para desenvolver accións conxuntas
Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, e Miguel Ángel Carrillo, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre as dúas entidades para desenvolver actividades conxuntas de formación, investigación e divulgación sobre esta enxeñería no ámbito municipal. Durante a reunión celebrada no Concello de Vigo asinouse tamén un acordo Marco para potenciar a colaboración entre as dúas institucións.
![Abel Caballero e Miguel Ángel Carrillo durante a sinatura do convenio](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/kR0vw7LorQfp1IOTcJ7v9iXbK4ZKjn3H0Ap59DTS.jpeg)