O Concello buscará liñas de actuación conxuntas para mellorar a situación dos clubes deportivos de elite de Vigo

venres, 22 feb 2008

Que os clubes de elite de Vigo funcionen de maneira autónoma pero baixo un mesmo paraugas. Tal é a proposta feita pública este venres polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, para estas entidades deportivas. Trátase, segundo explicou Domínguez, de establecer liñas de actuación conxuntas e optimizar recursos para superar a dependencia dos clubes respecto das administracións.

A Fundación VIDE convoca as súas axudas para deportistas individuais vigueses e viguesas

xoves, 31 xan 2008

O Comité Executivo da Fundación Vigo en Deporte (VIDE), na súa sesión ordinaria do día 18 de xaneiro de 2008, aprobou as bases para a VI Convocatoria de Axudas aos Deportistas Individuais Vigueses e Viguesas. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonmso, salientou este xoves durante a presentación das bases a distinción que nelas se fai por primeira vez entre deportistas de base e de elite, así como o aumento da contía das axudas.

La Fundación VIDE convoca sus ayudas para deportistas individuales vigueses y viguesas

xoves, 31 xan 2008

El Comité Ejecutivo de la Fundación Vigo en Deporte (VIDE), en su sesión ordinaria del día 18 de enero de 2008, aprobó las bases para la VI Convocatoria de Ayudas a los Deportistas Individuales Vigueses y Viguesas. El concejal de Deportes, Xabier Alonmso, destacó este jueves durante la presentación de las bases la distinción que en ellas se hace por primera vez entre deportistas de base y de élite, así como el aumento de la cuantía de las ayudas.

Vitrasa e o colectivo de taxis da cidade súmanse á candidatura de Vigo para acoller a Universiada

martes, 29 xan 2008

Baixo o lema "Estamos preparados" e coa imaxe oficial do proxecto de Vigo 2013, a cidade prepárase para a visita do Consello Superior de Deportes, que terá lugar os días 5 e 6 de febreiro. Así, e a partir da vindeira semana, os 118 autobuses da empresa de transporte público Vitrasa e os 553 vehículos da frota de taxis de Vigo apoiarán a candidatura da cidade para ser sede da Universiada de Verán en 2013.