O Concello traslada o seu apoio ao labor do pobo saharauí

mércores, 1 feb 2017

O alcalde reuniuse este mércores coa ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática, Jadiya Hamdi, a quen lle transmitiu "a vocación de continuar co noso apoio ao programa Vacacións en paz" que lle permite pasar o verán na cidade a nenos e nenas que viven nos campamentos de Tinduf. Ademais amosou o respaldo xeral ás propostas de acción do pobo saharauí polas que Vigo sente "simpatía", dixo.

O Concello activa a Unidade de frío para atender ás persoas que rexeitan durmir no albergue

luns, 16 xan 2017

O rexedor avanzou esta mañá a posta en marcha do dispositivo do frío para atender ás persoas que non queren durmir no albergue. En previsión da baixada de temperaturas, tratarase de convencer a estas persoas para que pasen estas noites no albergue municipal ou en calquera cos que ten acordos o Concello. En todo caso, repartirase café quente e mantas, acción na que tamén se contará coa colaboración da Policía Local.

O Concello dedica 850.000 euros ao programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social de 2017

mércores, 28 dec 2016

A Xunta de Goberno Local deu luz verde a este programa "ampliable" segundo as necesidades cidadás e tamén ás axudas para acometer melloras en fogares por valor de 50.000 euros. O rexedor puxo en valor a política social municipal cun investimento de 2,5 millóns para as axudas extraordinarias a familias e partidas importantes a bolsas de comedor e infancia.