O goberno municipal destina 1.640.000 euros a axudas extraordinarias para familias
Desde mañá martes poderá solicitarse cita previa para realizar a tramitación das axudas destinadas a sufragar gastos de vivenda, alimentación e subministros a través da web do Concello ou do teléfono 010.
O Concello inicia mañá martes o procedemento para atender as demandas do programa municipal de Axudas Extraordinarias a Familias que, cun importe de 1.640.000 euros, servirá para axudar á cidadanía que o precise a afrontar os gastos de alimentación, vivenda e subministros. Así, desde mañá poderá pedirse cita previa, a través da páxina web do Concello ou do teléfono 010, para solicitar as axudas e a partir dos vindeiro luns, día 8, iníciase a recollida das solicitudes.
A este fondos cómpre sumarlle os que o Concello destina a emerxencias e o apoio aos desafiuzamentos, polo que o importe total para este fin é de 2.482.000 euros.
A este fondos cómpre sumarlle os que o Concello destina a emerxencias e o apoio aos desafiuzamentos, polo que o importe total para este fin é de 2.482.000 euros.