xoves, 4 abril 2019

A ampliación do paseo do Lagares, en exposición pública

xoves, 4 abr 2019

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o anuncio de aprobación inicial do proxecto de expropiación para a execución da senda fluvial do río Lagares, no tramo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. Os afectados poden presentar alegacións durante un mes, informou Abel Caballero.<br />

O alcalde anima á participación na Vig Bay 2019

xoves, 4 abr 2019

A vixésima edición da proba, que se celebra este domingo 7 de abril, ofrece dúas modalidades: media maratón ou maratón para os corredores que se sumen ao reto de cubrir a distancia que separa Vigo e Baiona. Durante a presentación da Vig Bay este xoves pola mañá, Abel Caballero eloxiou o traballo realizado pola organización e os colaboradores para conseguir que esta nova edición sexa un éxito.

O rexedor eloxia a iniciativa da Escola de Empresariais de renomear un aula en homenaxe a Isaac Díaz Pardo

xoves, 4 abr 2019

O alcalde participou esta mañá no acto de homenaxe ao artista e empresario Isaac Díaz Pardo organizado na Escola de Empresariais na que un aula leva desde hoxe o nome deste artista, intelectual e empresario. Durante a súa intervención, Caballero eloxiou unha iniciativa que recoñece a unha "forza creativa da natureza e un referente da Galicia da modernidade".