Escoitar

Lauryn Hill ofrecerá o 17 de xullo en Castrelos o seu único concerto confirmado en España

A artista estadounidense visitará o emblemático auditorio vigués o próximo 17 de xullo, na que é ata o momento a súa única actuación confirmada en España da xira internacional deste ano. Entre músicos e técnicos, 35 profesionais acompañan a Hill no seu espectáculo.

xoves, 4 abr 2019
1554382128concierto.JPG
O programa municipal "Vigo en Festas 2019" suma o seu segundo concerto internacional no Auditorio ao aire libre de Castrelos. Logo de comunicar a actuación de Tom Jones para o 23 de xullo, o alcalde avanzou hoxe xoves que o Concello ten pechada a presenza da galardoada artista estadounidense Lauryn Hill para o 17 de xullo.

Será a primeira vez que a ganadora de oito premios Grammy recale en Galicia e a única actuación que Hill ten confirmada en España na súa xira internacional deste ano. É considerada unha icona cultural que vendeu máis de 20 millóns de copias do seu traballo de debut en solitario, The Miseducation of Lauryn Hill, despois de ser parte da formación The Fugees.

Co seu álbum en solitario bateu todos os rexistros nos premios Grammy, sendo a muller con maior número de candidaturas nunha sola edición (cun total de dez) e o maior número de galardóns conseguidos (cinco, incluído o de Disco do ano). Hill, quen tamén é actriz e produtora, ofrece unha mistura de reggae con hip hop e soul americano.
Descargar todas as imaxes