Concello e Mais que Auga celebran unha xornada de portas abertas
Por mor do Día Mundial da Actividade Física, o grupo Máis que Auga presenta unha xornada de portas abertas en colaboración co Concello de Vigo. Terá lugar o vindeiro sábado 6 de abril, de 16:30 a 20:30 horas nas tres instalación municipais de Máis que Auga (Barreiro, Coia e Navia). O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, participou este venres na presentación
As persoas participantes poderán disfrutar, de forma gratuita, de 20 actividades diferentes, entre as que se atopan o Aquagym, Zumba en familia, Body Pump, Aquatraing, body compat, cursos de pádel, HIIT Exprés, etc. Tamén poderán usar libremente as instalacións.
O Concello de Vigo agradece ao grupo MQA a predisposición para colaborar e para poder desenvolver, de forma conxunta, accións que promovan os hábitos de vida saúdables entorno a actividade física nos vigueses e viguesas.
Aquelas persoas ou familias que desexen celebrar o Día Mundial da Actividade Física deberán inscribirse a travé da páxina web (www.maisqueauga.com) e seleccionar aquelas actividades nas que queran participar. Poderán participar en cantas actividades desexes, sen límite, ata esgotar prazas.
Para facilitar a asistencia a todos os vigueses e viguesas, haberá un servizo de ludoteca para os nenos/as de 3 a 12 anos.
Descargar todas as imaxes