Escoitar

O Concello proxecta o uso temporal de solares baleiros para recuperar zonas urbanas degradadas

O consello da Xerencia de Urbanismo deu conta este venres da proposta de usos temporais dos solares urbanos baleiros. O alcalde informou de que o programa ten previsto comezar por unha finca municipal situada na confluencia das rúas Perigos e San Xulián, no Casco Vello.

venres, 29 mar 2019
1553867988solares.JPG
A Concello de Vigo aposta polo uso temporal dos solares urbanos baleiros e para iso deu conta no consello da Xerencia de Urbanismo, celebrado este venres, dunha proposta para recuperar zonas urbanas especialmente degradadas.

O obxectivo é sentar as bases para que o Concello poida usar os solares baleiros para un fin público de forma temporal e fomentar así a participación cidadá na reconstrución da cidade. De esta forma, aproveitaremos o espazo, mentres carece de un proxecto sen necesidade de acometer grandes obras ou intervencións, dado o carácter temporal

"Non queremos solares apestados ferindo á cidade, xa temos 20 espazos seleccionados, levarán medianeira e acondicionamento urbano, porque pola nosa experiencia poden estar abandonados uns 20 anos", sinalou o alcalde, Abel Caballero, durante a rolda de prensa.

Os propietarios dos solares particulares deben outorgar ao Concello, de forma provisional, o permiso para abrir a parcela e a primeira proposta de intervención é un solar de propiedade municipal situado entre a rúa Perigos 7 e San Xulián 8, con 102m2.

Ademais, o alcalde lembrou que xa existe unha Ordenanza de Rexistro Municipal de Solares (aprobada no Pleno de maio) que permite instaurar usos temporais aos solares baleiros que por causas legais aínda non poden inscribirse no rexistro municipal de solares.

"Temos dous liñas para seguir facendo alta costura na cidade, convertido solares apestados en esquinas con encanto", afirmou Caballero.
Descargar todas as imaxes