venres, 28 set 2018
O domingo 7 de outubro a cidade ten unha cita no Parque de Castrelos para participar nunha nova edición da Marcha Aspanaex. O alcalde definiu esta iniciativa como unha "chamada a recoñecer os dereitos de todos desde a igualdade e da solidariedade"
martes, 25 set 2018
Carlos Font explicou que o goberno vigués está a punto de resolver a concesión de bolsas de libros e comedor escolar, concedendo preto de 5.000 axudas por importe de 1,8 millóns. Para este curso, e pese a ser competencia da Xunta de Galicia, subliñou o concelleiro, o Concello da resposta a todas as solicitudes presentadas.
venres, 31 ago 2018
Abel Caballero informou da licitación da docencia para o programa de ximnasia para maiores de 65 anos, con 300 prazas e un importe de 75.000 euros. O Concello supera os 12 millóns anuais de apoio aos maiores, por exemplo na subvención ou gratuidade do autobús ou co Servizo de axuda no fogar, revelou o alcalde.
mércores, 22 ago 2018
O alcalde de Vigo lamentou as dificultades que sofren as familias ao estar pechado durante a segunda quincena de agosto o Punto de Encontro Familias que xestiona a Xunta. "O peche débese a que non compensa economicamente que estea aberta, porque hai vacacións e deben cambiar ao persoal", sinalou.
mércores, 22 ago 2018
Abel Caballero informou este mércores sobre os convenios para o reparto de alimentos a persoas desfavorecidas na cidade. Grazas ao acordo cos Hermanos Misioneros foron repartidos 1.450 lotes de comida.
martes, 14 ago 2018
No pasado ano, explicou Abel Caballero, o Concello prestou asistencia a 1.300 persoas das que case que 600 eran menores, en situación de risco e exclusión social. Ademais, o goberno vigués acordou adicar 250.000 euros á candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade.
luns, 6 ago 2018
O roadshow, que itinerará por 78 localidades, pódese visitar hoxe luns na Praza do Rei.
venres, 20 xul 2018
Abel Caballero acudiu este venres á rúa do Príncipe para participar na actividade organizada por Cáritas para vestir os monumentos da cidade en solidariedade coas persoas desfavorecidas. Estatuas emblemáticas, como a que homenaxea ao popular vendedor de periódicos Manuel Castro, a escultura de ‘O Sireno’, e outras amenceron este venres 20 de xullo vestidas con roupa de Koopera Storeles.
venres, 20 xul 2018
O alcalde de Vigo visitou este venres o dispositivo posto en marcha polo Concello de Vigo en Samil para permitir o baño a persoas con mobilidade reducida. Ademais, tamén funciona xa o reparto de pulseiras para a localización de nenos perdidos.
venres, 13 xul 2018
A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao Programa de Familia e Infancia que presta atención a un total de 380 familias con case 600 menores de idade. Tamén aprobouse o Programa de Escolas Deportivas e a xestión das escolas infantís de Tomás Alonso e Bouzas.