O Servizo de Teleasistencia municipal atendeu a 927 personas en marzo
mércores, 15 abr 2026Incorporou a 22 novas altas e realizou 4.606 chamadas para atender as necesidades das persoas usuarias.
Incorporou a 22 novas altas e realizou 4.606 chamadas para atender as necesidades das persoas usuarias.
O 30 de abril rematará o prazo para que as ONGs da cidade poidan solicitar fondos para os seus proxectos de cooperación. O Concello dedica 60.000 euros do orzamento municipal para colaborar con iniciativas como a financiamento de prazas de comedor escolar en Perú.
O alcalde convidou á cidadanía “de todo Vigo” a “asistir, bailar e pasalo ben” este sábado na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Beade, que acollerá desde as 19 horas e ata as 22 horas, unha nova sesión dos “Bailes en Vigo”, o programa municipal de lecer incluído en “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”. Con entrada gratuíta, as sesións de baile continuarán en vindeiras datas en San Miguel de Oia, Becerreira-Cabral e Lavadores.
O luns 6 de abril abrirase o período para solicitar as becas de comedor e de libros, un prazo que permanecerá aberto ata o 4 de maio. Este curso, o Concello reforza o compromiso social cun aumento de más do 50% nestas axudas e novas axudas para libros. Xa se pode solicitar cita na páxina web municipal.
O Concello amplía o seu programa "Vigo Inclusivo" co lanzamento de novas actividades baixo o nome de “Vigo Arte Inclusiva”, unha iniciativa que contará con 600 novas prazas de ocio educativo para persoas con diversidade funcional. O obxectivo é fomentar a inclusión social e facilitar a conciliación das familias durante períodos non lectivos,
A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases da convocatoria das becas de comedor e libros para o curso 2026-2027. Ascenderán a preto de 3 millóns de euros. O apoio a cada familia aumenta en máis dun 50 por cento, xa que pasa de 426 a 640 euros anuais.
O dispositivo de frío do Concello de Vigo atendeu a 340 personas desde xaneiro, segundo avanzou hoxe Abel Caballero.
O programa municipal “Vigo, cidade amiga dos maiores” amplía a súa oferta coa incorporación dun novo curso sobre primeiros auxilios.
“Sempre á beira das persoas maiores”, afirmou hoxe Abel Caballero ao destacar o extenso programa de actividades activadas para o lecer e o aprendizaxe da población de idade de Vigo.
O alcalde deu conta esta mañá dunha nova edición da iniciativa municipal Coñece Vigo que organiza rutas saudables pola cidade para persoas maiores. As actividades comezarán en abril e a inscrición -gratuíta – estará dispoñible a partir do luns 2 de marzo a través do 010.