Núñez Feijóo compromete ante o alcalde a licitación conxunta este ano de proxecto e obra do novo hospital

mércores, 22 xul 2009

Abel Caballero recibiu este mércores ao presidente da Xunta de Galicia na súa primeira visita institucional á cidade olívica. Xunto ao impulso dado ao hospital, alcalde e presidente acordaron "buscar fórmulas" para a financiación e construcción da nova depuradora e incluir o camiño portugués -que pasa tamén por Vigo- nas celebracións do Xacobeo.

O alcalde asegura que o convenio para a Alta Velocidade galega asegura "as tres patas que sustentan o AVE a Vigo"

martes, 21 xul 2009

Abel Caballero viaxou hoxe martes a Santiago de Compostela a presenciar a sinatura do protocolo para a Alta Velocidade entre o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Fomento, José Blanco. O acordo, salientou o alcalde, garante as tres patas do AVE vigués: a conexión con A Coruña en 2012, o AVE directo a Madrid e o túnel de entrada e nova estación de Urzáiz.

O alcalde presidiu a presentación da 46 Regata Rías Baixas, o evento náutico por etapas máis importante de España

martes, 21 xul 2009

Abel Caballero acudiu este martes ao Real Club Náutico de Vigo, onte tivo lugar a presentación da 46ª Regata Rías Baixas con saída e chegada na cidade olívica. Esta nova edición pretende converter á Regata no acontecemento máis importante de España da especialidade, para o que contou co apoio institucional do alcalde vigués e doutros rexedores das Rías Baixas.

Abel Caballero recibiu aos barcos de Telefónica no seu regreso a España tras dar a volta ao mundo

venres, 17 xul 2009

O alcalde acudiu hoxe venres ao Porto de Vigo onde recibiu ás embarcacións Telefónica Azul e Telefónica Negro, que veñen de percorrer 37.000 millas náuticas durante oito meses na regata Volvo Ocean Race 2008-2009. Xunto co alcalde participaron na benvida o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Director Territorial de Telefónica en Galicia y Asturias e o Director Xeral do Equipo Telefónica.