Escoitar

VigoZoo conta desde este martes cun planetario

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron hoxe martes a nova instalación do parque de A Madroa, coa participación duns cen nenos e nenas. Os rapaces visitaron a cúpula co alcalde e a edil, ademais de atender a unha pequena charla divulgativa e visitar as instalacións de VigoZoo.

martes, 22 feb 2011
1298381928planetario.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Mediaombiente, Chus Lago, visitaron este martes VigoZoo, que inaugura un planetario como nova instalación.

Un centenar de nenos e nenas asistiron ao evento, no que puideron acceder á cúpula en pequenos grupos. Ademais, e acompañados do equipo do parque de A Madroa, visitaron o zoolóxico vigués e recibiron unha pequena charla divulgativa no salón de actos.
Descargar todas as imaxes