Caballero asegura que Peinador funcionará a finais de ano as 24 horas á demanda das empresas de mercancías
O alcalde de Vigo confirmou este martes que o aeroporto de Vigo poderá operar as 24 horas do día desde finais deste ano, cando o control estea concesionado de acordo coa nova lexislación aeroportuaria. Desde entón, as empresas de transporte de mercancías poderán ter Peinador aberto a calquera hora, previo aviso con 12 horas de antelación. Con esta medida preténdese dar resposta ao incremento das mercancías rexistradas no aeroporto vigués nos meses de xaneiro e febreiro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que, a finais de ano, o aeroporto vigués poderá operar as 24 horas a demanda das empresas de transporte de mercancías.
Actualmente a terminal de Peinador está aberta desde as seis da mañá ata a unha da madrugada, pero cando entre en vigor a nova lexislación aeroportuaria, previo anuncio con 12 horas de antelación, as compañías poderán operar en Vigo fóra deste horario.
Segundo explicou Caballero, tanto os traballadores de AENA como os do aeroporto están dispostos a flexibilizar o horario de Peinador para atender ás mercancías, pero a oposición dos controladores aéreos o imposibilita.
O alcalde confirmou esta cuestión ao remate dunha entrevista coa directora do Aeroporto de Vigo, Noelia Martínez, e avanzou que xa trasladou a medida ao responsable da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni. Afirmou Caballero que, nos meses de xaneiro e febreiro, a terminal viguesa rexistrou un incremento próximo ao 50% na carga de mercancías.
Descargar todas as imaxes