Escoitar

O Concello e o Conservatorio Profesional de Vigo estudan tres opcións para ampliar as prazas existentes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os responsables da institución acordaron este martes abordar tres opcións para ampliar o número de prazas dispoñibles, actualmente sobre as 500. As alternativas que vanse estudar son a ampliación da sede nun solar colindante, habilitar un local anexo noutro punto da cidade ou a construción dun novo edificio. "Chegou o momento" de atender á "elevadísima demanda" que presenta o Conservatorio Profesional, apuntou Caballero.

martes, 22 feb 2011
1298381710reunionconservatorio.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o goberno local estudará xunto á dirección do Conservatorio Profesional tres alternativas para ampliar o número de prazas da institución.

Tras unha reunión celebrada na Alcaldía, o rexedor indicou que as vacantes que ofrece o centro vigués en relación á poboación son "relativamentes baixas", mentres que "a demanda é elevadísima", polo que "necesitamos ampliar o número de prazas".

Deste xeito, no prazo dun mes e medio estudaranse conxuntamente as posibilidades abertas, ben ampliar a sede actual nun solar colindante, ben habilitar un local anexo noutro lugar da cidade, ben construir un novo edificio. "Vamos a estudar as tres posibilidades", asegurou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes