luns, 21 febreiro 2011

A ministra de Ciencia e Innovación presidiu en Vigo a botadura do novo buque do Instituto Español de Oceanografía

Cristina Garmendia presidiu este luns a botadura do Ramón Margalef, o novo buque oceanográfico do IEO, que conta cun gran equipamento tecnolóxico e posibilitará considerables avances nas ciencias do mar. No astaleiro Armón, o evento reuníu na cidade ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, ao conselleiro de Industra, Javier Guerra, e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades.

O alcalde felicita aos novos axentes, que sumarán 25 efectivos á Policía Local de Vigo

luns, 21 feb 2011

Abel Caballero recibiu hoxe luns aos novos axentes da Policía Local de Vigo, 25 efectivos que superaron con éxito as probas de acceso convocadas na oferta pública de emprego municipal e pasarán a incorporarse ao plantel de seguridade local. A formación terá lugar durante tres meses e un cuarto de práctica nas rúas de Vigo. Con esta nova remesa, nos últimos catro anos o plantel da Policía Local foi incrementado en 75 efectivos.

O tenente de alcalde felicita ao Iveco Universidade de Vigo de Rugby polo seu ascenso á división de honra

luns, 21 feb 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou este luns os seus parabéns ao Iveco Universidade de Vigo de Rugby, que onte acadou o ascenso á división de honra tras gañar ao CRC Madrid, nunha recepción que tivo lugar no Auditorio Municipal. O nacionalista, que entregou unha praca conmemorativa ao presidente do club, destacou que con este logro o Iveco ten un labor aínda "máis importante", ao ser espello dos rapaces e rapaces que se acheguen á práctica do rugby.

O goberno local investiu 60.000 euros na remodelación integral do parque infantil de Martínez Garrido

luns, 21 feb 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Distritos, Ángel Rivas, inauguraron o pasado sábado o novo parque infantil ubicado na confluencia das rúas Martínez Garrido e Portela, actuación na que o goberno local investíu 60.000 euros. O Concello instalou pavimento de seguridade, xogos individuais e múltiples e cartelería informativa.