O alcalde felicita aos novos axentes, que sumarán 25 efectivos á Policía Local de Vigo
Abel Caballero recibiu hoxe luns aos novos axentes da Policía Local de Vigo, 25 efectivos que superaron con éxito as probas de acceso convocadas na oferta pública de emprego municipal e pasarán a incorporarse ao plantel de seguridade local. A formación terá lugar durante tres meses e un cuarto de práctica nas rúas de Vigo. Con esta nova remesa, nos últimos catro anos o plantel da Policía Local foi incrementado en 75 efectivos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este luns aos 25 novos axentes da Policía Local, que veñen de superar as probas de acceso e incorporaranse ao plantel municipal ao remate da súa formación.
Os 25 novos efectivos da Policía Local son os primeiros traballadores públicos en incorporarse da oferta de emprego do Concello, que sumará ademais outros 17 postos para os Bombeiros, actualmente nos exames previos. Os novos axentes iniciarán a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública en A Estrada durante tres meses, e completarán esta etapa cun cuarto mes de traballo práctico na propia cidade viguesa.
Ao longo destes últimos catro anos do actual goberno municipal que preside Abel Caballero, o equipo da Policía Local de Vigo ampliou en 75 os seus efectivos, ademais de adquirir 25 novos vehículos e iniciar a contratación doutros 22 máis polo sistema renting.
Descargar todas as imaxes