venres, 25 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os organizadores presentaron este venres no Concello a primeira edición desta nova proba náutica, que terá lugar na Ría esta fin de semana cunha dobre vertente: deportiva e de exhibición. Deportistas olímpicos e primeiras figuras de España na modalidade daranse cita nun evento con 25 embarcacións, que nace co obxectivo de "facer chegar a regata ao cidadán" para consolidarse no futuro. Será a terceira proba do mundo que poderá ser seguida íntegramente vía web.
venres, 25 feb 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a exposición "Vigo, século XIX: o nacemento dunha cidade" no Museo da Cidade "Quiñones de León". Integrada por 110 obras orixinais e con música creada especificamente para acompañar as visitas, poderá visitarse ata o 26 de febreiro de 2012. Segundo destacou o nacionalista, esta mostra é a máis importante dos últimos anos, xa que supón "o paso definitivo para transformar o Pazo de Castrelos en sede permanente dunha exposición sobre a historia da cidade ".
venres, 25 feb 2011
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no que participa o Concello de Vigo a través da Concellería de Benestar Social, reclama que se inclúa a solidariedade internacional nos programas electorais dos partidos políticos que concorran aos comicios locais do vindeiro mes de maio. Ademais, solicita que as agrupacións políticas recollan o compromiso de chegar á dotación dun 0,7% dos seus orzamentos para cooperación internacional.
venres, 25 feb 2011
Música e teatro centran as propostas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal para este fin de semana. Mañá sábado, 26 de febreiro, terá lugar o musical "Inside... The wall" ás 21 horas, en homenaxe ao clásico de Pink Floyd. O domingo, a compañía La Tirita Teatro interpretará a obra "Bajo mi cama una estrella" ás 18 horas, recomendada para nenos e nenas de 3 a 7 anos. Nos dous casos pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
venres, 25 feb 2011
Da man do Consello Municipal da Muller, a Concellería de Igualdade e a Concellería de Cultura, a mostra "Vermellas. Chamábanlles rojas" inaugúrase o venres 25, na Casa das Artes, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, e poderá ser visitada ata o vindeiro día 20 de marzo. Froito do proxecto de investigación interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" da Universidade de Santiago, a exposición pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936 mediante abundante documentación literaria, ademáis de fotografías e material audiovisual.
Patrimonio Histórico
venres, 25 feb 2011
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21/02/2011 aprobou as bases do I Certame de Pintura "Antonio Quesada" para xoves creadores/as da comunidade galega. As persoas interesadas poderán dispoñer de ditas bases nas webs www.museodevigo.org e www.vigo.org e no departamento de Información do Concello. Tamén incluense nesta información: