Santi Domínguez afirma que o Centro Galego de Fotografía impulsa a reconquista do Casco Vello e a vertebración cultural
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu este xoves na ao inicio das obras do Centro Galego de Fotografía, que albergará as coleccións fotográficas dos arquivos Pacheco, Ksado e os fondos das Fotobienais. Segundo destacou o nacionalista este novo espazo cultural de Vigo dá resposta a dous obxectivos cos que se comprometeu o BNG ao asumir tarefas de goberno, como son a recuperación do Casco Vello e a creación dunha "verdadeira rede museística que poña en valor o patrimonio cultural e histórico da cidade", á que tamén contribuirá a apertura da Pinacoteca.
Para Santi Domínguez, coa construción do novo Centro de Fotografía "cúmprense os soños de moitas persoas do ámbito da cultura". Entre eles mencionou a familia Pacheco, Suárez Canal, Cendón e os grandes fotógrafos que teñen que ver coa historia de Vigo, "porque plasmaron a través das súas fotos o que significou a construción da gran cidade que hoxe é", sinalou no acto, no que tamén participaron os concelleiros de Patrimonio Histórico e Cultura, Eudosio Álvarez e Xesus López, e o arquitecto Pedro de la Puente.
"Vigo pode presumir de ter un gran museo, como é o Quiñones de León, que vertebrará a Pinacoteca, o Centro Galego de Fotografía e os xacementos arqueolóxicos de Toralla e O Castro", afirmou o tenente de alcalde. Ao seu xuízo, "Vigo pode presumir de ter unha cidade ben vertebrada arredor da nosa cultura" e saldar a súa débeda histórica con nomes como Francisco Fernández del Riego e Rosalía de Castro.
O tenente de alcalde explicou que o investimento total do Centro Galego de Fotografía supera os 1,5 millóns de euros, posibles grazas a unha emenda presentada polo BNG coa que se acadou a modificación dos orzamentos do Estado. "Unha vez que inauguremos a Pinacoteca e que teñamos en marcha o Centro Galego de Fotografía, o obxectivo de dinamizar o Casco Vello vaise cumprir sobradamente", afirmou Santi Domínguez. Agradeceu ao equipo técnico das concellerías de Patrimonio Histórico e Cultura, así como aos arquitectos Xabier Rivas e Pedro de la Puente , "porque fixeron que Vigo teña un gran escaparate no que se poidan expor as obras fotográficas".
Eudosio Álvarez asegurou que este edificio vai servir para dinamizar o casco histórico de Vigo, "pero tamén para dar resposta ao sector da fotografía, xa que Vigo conta con grandes coleccións", afirmou o concelleiro de Patrimonio Histórico. "Vigo vai polo bo camiño da súa posta en valor", destacou Xesus López. Segundo o concelleiro de Cultura, as actuacións "permiten falar do novo Vigo vello, que vai dar un gran salto coa inauguración da Pinacoteca e o inicio da construción do Centro Galego de Fotografía", afirmou.
Xesus López salientou que o novo centro fotográfico, ademais de contribuír á recuperación do Casco Vello, é "un espazo axeitado no que poder colocar a riquísima colección fotográfica de Vigo e desenvolver o traballo de arquivo e conservación". Explicou que a infraestrutura albergará o arquivos Pacheco, Ksado, recén adquirido, e agarda que tamén en breve o Llanos. Considerou que "estes son uns vimbios de grandísima calidade que van permitir que fagamos un gran cesto".
O arquitecto Pedro de la Puente explicou que o proxecto construtivo parte da complexidade do solar, que se reflicte na volumetría e na "nova visión do que ten que ser a rehabilitación". O edificio articúlase en catro andares, cunha superficie construída de 1.252 metros cadrados. Na planta baixa explicou que se situará o acceso e a zona de control, unha tenda, unha zona de administración e o vestíbulo que da paso a un corredor de acceso á sala de exposicións principal. Na planta soto estarán os aseos, a área de restauración e a segunda sala expositiva. Unha escaleira permitirá realizar un itinerario pechado de exposición entre as dúas salas principais, o que ademais ofrece a posibilidade de independizar este uso do resto do edificio.
A primeira planta albergará a terceira sala expositiva, que tamén se poderá utilizar como sala de conferencias, unha biblioteca con depósito de hemeroteca e adaptado para a investigación do público máis especializado. Contará tamén cunha sala de produción audiovisual e a zona de dirección. Na segunda planta estará a sala de catalogación, estudo e mantemento da documentación e pezas do centro. Disporá tamén dun espazo de arquivo e almacén de material fotográfico, como placas, vidros, negativos, láminas, coa posibilidade de traballos especializados de mantemento ou recuperación e análise.
Descargar todas as imaxes