Escoitar

Xesus López anuncia que o programa Duplo R, ademais do concerto, inclúe como novidade unha sesión de grafiti e break

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a terceira edición do programa Duplo R, que terá lugar o venres, 25 de febreiro, na sala Inferno a partir das 19:30 horas, co obxectivo de unir dúas liñas como son a tradición galega das regueifas e a expresión cultural urbana do rap e o hip hop. Como novidade, Xesus López anunciou que ás 18 horas celebrarase unha sesión de grafiti e break na confluencia das rúas Urzáiz e Méndez Núñez.

mércores, 23 feb 2011
1298469772Duplo.JPG
O nacionalista destacou que se trata dunha "iniciativa transversal" na que participan a Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Normalización Lingüistica, Xuventude e Cultura. "Pretendemos achegar a tradición e fusionar o antigo coas formas máis actuais de expresións urbanas tal e como indica o seu nome de Duplo R", afirmou. Ao respecto explicou que a regueifa é unha longa tradición da nosa cultura, que pervive especialmente nas comarcas de Bergantiños e O Courel, mentres que o rap é "a regueida actualizada aplicada nomeadamente á cultura urbana".

O concelleiro de Cultura comentou que no concerto participarán diversos artistas que amosarán, en galego, a mestura entre estas dúas manifestacións culturais. Menciounou, entre outros coñecidos regueifeiros a Bieito de Lobariños, que compartirán o escenario con grupos como Licor Café e El Puto Coke, entre outros. Para asistir ao concerto pódense recoller as entradas no Concello de Vigo, a Casa da Xuventude, o Punto Xove, Súbete ao Castro, e os centros cívicos de Saiáns, Casco Vello, Coruxo e Teis.
Descargar todas as imaxes