Escoitar
Psicanálise, Marxismo, Feminismo: a esquerda lacaniana<br /> Análise de textos de Slavoj Zizek, Ernesto Laclau e Judith Butler

Seminario de "Filosofía Política e Pensamento Contemporáneo" no Verbum

Do mércores 23 de febreiro e ata o vindeiro 7 de abril ,en horario de 18 a 21 horas, terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras un Seminario de Filosofía Política con conferencias a cargo das figuras máis destacadas do pensamento contemporáneo. A entrada é de balde.

martes, 22 feb 2011
Este curso sobre filosofía e pensamento contemporáneo, auspiciado pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo, consta dun total de 10 sesións entre conferencias e mesas de traballo. Cada sesión ten unha duración de 3 horas nas que se comentarán e discutirán textos previamente presentados por investigadores nas diferentes materias a tratar. O seminario de filosofía ten tramitada a homologación da Consellería de Educación como Curso de Formación de Profesorado por un total de 30h. Temos 50 prazas dispoñibles.

HORARIO: Sesións de 3 horas (18 a 21 horas).
CALENDARIO:

Mércores 23 febreiro, Alberto Mariño.A idea de suxeito na psicanálise e na filosofía política.
Martes 01 marzo, Manuel Fernández Blanco.Lacan e a Filosofía Política.
Xoves 10 marzo, Beatriz Blanco. Presentación e análise de textos de Judith Butler
Venres 11 marzo, Elvira Burgos. A pregunta pola liberdade en Judith Butler.
Martes 15 marzo, Bieito Sousa.Presentación e análise de textos de Slavoj Zizek
Venres 18 marzo, Germán Cano.Zizek e o suxeito espiñento.
Martes 22 marzo, Alberto Mariño. Presentación e análise de textos de Ernesto Laclau
Xoves 24 marzo, Ignacio Castro. Laclau 'ao sesgo' ¿Que ocultan os pobos?
Xoves 31 marzo, Silvia Tubert. Psicanálise e teoría feminista.
Xoves 07 abril, Jorge Alemán.A esquerda lacaniana. Alberto Mariño: Conclusións.