Escoitar

O alcalde anuncia contactos con aerolíneas para pechar conexións con Frankfurt e Italia este ano

Tras unha reunión coa directora de Peinador, Noelia Martínez, Abel Caballero informou que o plan estratéxico a cinco anos para o aeroporto vigués contempla "consolidar" a Vigo como terminal internacional, con conexións a Londres, Frankfurt e un aeródromo de Italia para este mesmo ano e próximas con Munich e Milan, ademais de reforzar os voos co levante español e as Illas Canarias. O alcalde anunciou asemade traxectos do autobús urbano a Peinador de acordo aos horarios dos voos e o estudo para conectar o aeroporto cos municipios do entorno.

martes, 22 feb 2011
1298381821directoraeropuerto.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes contactos con compañías aéreas para establecer conexións entre Peinador e un aeroporto italiano, que estarían operativas en decembro deste mesmo ano.

Tras unha reunión coa directora do aeroporto de Vigo, Noelia Martínez, o rexedor vigués informou do plan estratéxico deseñado a cinco anos vista para "consolidar" Peinador como unha terminal internacional, que inclúe Frankfurt e Italia este mesmo ano -ademais de Londres, xa contratado polo Concello- para posteriormente unir Vigo con Munich e Milán. Ao tempo, tamén se reforzarán os voos co levante español -en particular, con Barcelona- e as Illas Canarias, onde barállase unha nova conexión con Gran Canaria.

O plantexamento vigués contempla subvencionar as rutas inicialmente pero o propio mercado debería sustentarlas tras os cinco anos, tal e como acontece hoxe co voo a París. A cantidade a destinar é "perfectamente asumible" polo consistorio vigués, explicou Caballero.

A primeira intención do goberno local é pechar a conexión con Frankfurt para este verán, aínda que a posibilidade máis factible é decembro pola ausencia actual de slots libres na terminal. A curto prazo, o alcalde avanzou a posibilidade de pechar Munich ata confirmar a contratación de Frankfurt.

Xunto ás conexións aéreas, o plan estratéxico de potenciación do aeroporto vigués inclúe outras accións para facilitar os desprazamentos dos viaxeiros, tanto do centro da cidade a Peinador como deste aos municipios do entorno.

Así, Abel Caballero anunciou que disporanse autobuses urbanos "directos e exclusivos" para unir o centro da cidade con Peinador en base aos horarios dos avións con maior concurrencia de pasaxeiros, liña que incluso atendería aos eventuais retrasos dos voos.

Por outra banda, o alcalde avanzou que os servizos xurídicos municipais estudan como pode o Concello encargarse de facilitar o traslado dos municipios do área viguesa ao aeroporto, xa que esta non é competencia municipal, senón da Xunta de Galicia.

"É clave e vital" que Vigo conte cun gran aeroporto internacional, asegurou o primeiro edil, para evitar que a industria viguesa se "deslocalice".
Descargar todas as imaxes