A ministra de Ciencia e Innovación presidiu en Vigo a botadura do novo buque do Instituto Español de Oceanografía
Cristina Garmendia presidiu este luns a botadura do Ramón Margalef, o novo buque oceanográfico do IEO, que conta cun gran equipamento tecnolóxico e posibilitará considerables avances nas ciencias do mar. No astaleiro Armón, o evento reuníu na cidade ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, ao conselleiro de Industra, Javier Guerra, e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades.
Xunto a estas, asistiron tamén ao acto o director do Instituto Español de Oceanografía, Eduardo Balguerías, e un membro da familia de Ramón Margalef, científico considerado como unha figura pioneira nos estudos de Ecoloxía Mariña en España.
Ao remate da botadura, a ministra de Ciencia e Innovación e as distintas autoridades presentes poideron realizar unha visita ao buque.
Descargar todas as imaxes
Ao remate da botadura, a ministra de Ciencia e Innovación e as distintas autoridades presentes poideron realizar unha visita ao buque.